Grupo AXA
Presente en 50 países, o Grupo AXA ten un negocio diversificado tanto en puntos xeográficos como en mercados cunha notable presenza en Europa, América, África e Asia. AXA está ao servizo de máis de 95 millóns de clientes, particulares e empresas, aos que lles xestiona os seus seguros, protección financeira, aforros e investimentos inmobiliarios dando servizo ás súas necesidades.
No capítulo de protección en riscos, a pequena ou gran escala, AXA achega aos seus clientes solucións adaptadas ás súas necesidades co obxectivo de fomentar a tranquilidade a longo prazo.
A nosa experiencia aválanos a través dos nosos produtos e servizos das nosas principais liñas de negocio: Vida, Saúde e Protección así como Vida ou Xestión de Activos.
A nosa misión é axudar ás persoas a vivir unha vida mellor, reforzando as nosas relacións a longo prazo. En definitiva, sendo "Socios para unha vida mellor".