Ciber Protección

Unimos Prevención, Protección e Información desde o primeiro intre. Ofrecémosche moito mais que un servizo técnico. Poñemos á túa disposición unha solución aseguradora que protexerá o teu negocio en caso de sufrir un ataque cibernético.

Ningunha empresa esta a salvo de sufrir un ciberataque. En só uns segundos os datos dos teus clientes e do teu negocio poden estar en risco non podendo, en ocasións, detectalo ata pasados uns días

  • Responsabilidade civil por ciberincidente (danos aos datos de terceiros e incumprimento da RXPD)
  • Gastos de crise
  • Aboamento de sancións (RXPD e LSSI)
  • Responsabilidade civil subsidiaria (danos ocasionados a terceiros por subcontratistas do asegurado)
  • Servizo de resposta ante un incidente de seguridade (inclúe o servizo de recuperación de datos borrados, restauración do sistema de acceso, descontaminación de código maligno, notificación de afectados e xestión de crise, e peritaxe informática xudicial)
  • Asistencia en caso de ciberextorsión (asesoramento especializado)
  • Gastos de defensa legal, xudiciais e extraxudiciais

Por que con AXA?

  • Co produto de ciberprotección de AXA estarás protexido fronte ás principais ameazas

    • Paralización de actividade

    • Perda de información privada de clientes

    • Reclamacións de terceiros

    • Perda de reputación

    • Peche do negocio

  • Solución aseguradora flexible. Poderás seleccionar o importe asegurado en función da túa actividade

    O tempo é ouro! É fundamental evitar unha propagación do dano, actuar con rapidez é clave para mitigar o impacto e retomar a actividade no menor tempo posible. O noso servizo de atención 24 horas, composto por expertos en ciberseguridade, axudarache a solucionar o incidente canto antes.

Protexémoste desde o primeiro intre para evitar calquera ataque



Ciberprotección

Xestión integral por expertos en caso de sinistro

Actuando de maneira rápida e eficaz para minimizar o impacto e asegurar a continuidade do negocio

Seguro de Ciberproteccion atención 24h

Atención Ciberseguridade 24/7 toda a vida da póliza

Asesoramento ao cliente sobre o uso e configuración de dispositivos tecnolóxicos, redes sociais, axuda na creación de copias de seguridade..., etc.

Ciberprotección recuperación de equipos

Recuperación de equipos

Restablecemento de contrasinais e niveis de acceso ás túas contas, limpeza de soporte lóxico..., etc.

Ciberprotección recuperación de datos

Recuperación dos datos

A partir da copia de seguridade

Informe perficial seguro de ciberproteccion

Realización dun informe pericial

Con evidencias dixitais por parte dun perito informático xudicial, por se o necesitases

1750

Axentes AXA á túa disposición para resolver as túas necesidades

Os nosos axentes AXA infórmante para atopar solucións concretas e rápidas.

Contacta cun axente

Estes documentos poden ser unha grande axuda

  • Documento de información sobre o produto de seguro PDF (766KB)

Estamos aquí para resolver calquera dúbida

  • Os seguros tradicionais de R.C. ou Danos non cobren este tipo de risco cibernético e non contan co apoio e asesoramento de expertos en ciberataques en calquera momento.

  • Esta solución é máis que un asistente técnico. Ademais dunha atención integral e personalizada 24/7, AXA asume as
    reclamacións recibidas por terceiros, os gastos da implementación das accións necesarias para cumprir o regulamento de protección de datos e para mitigar os posibles impactos; e en caso de paralización parcial ou total da actividade, acompañará ao cliente para renovar a actividade canto antes evitando así o peche do negocio.

  • Si, cando o negocio inclúe venda online as medidas de seguridade teñen que ser aínda maiores, pero os ciberriscos afectan a todo tipo de empresas ou negocios. Un simple email pode conter un virus e roubar todos os datos que custodie o asegurado, poñendo en risco a continuidade do negocio.

Precisas axuda?

En AXA sempre estamos dispoñibles para ti, por iso che ofrecemos diferentes canles para contactar connosco.

CHÁMANOS