Coberturas incluídas

  • Ademais da responsabilidade civil de subscrición obrigatoria, cubrimos:


    • A responsabilidade civil de subscrición voluntaria ata 50 millóns de euros por sinistro.
    • A responsabilidade civil que poida exixírselle ao asegurado pola caída accidental da equipaxe.

  • Cubrimos a defensa penal e a reclamación de danos, a constitución de fianzas.
    Ademais, cubrimos o avogado e procurador a cargo da compañía; se é de libre elección, ata o límite de 1.200 €.

  • Como condutor, cubrimos os gastos sanitarios en centros concertados para a túa máxima recuperación. Ademais, está incluída a primeira adquisición de próteses ou lentes.


    Se se desexa, está a posibilidade de ampliar ata 50.000 € en caso de falecemento ou invalidez. 

  • Cobre a asistencia na estrada en caso dunha avaría ou un accidente que che impide circular coa túa moto (incluída a picada), dende o quilómetro 0, en todo o territorio español e Principado de Andorra.

  • Con esta garantía cubrimos a indemnización por roubo total da moto ou a súa reposición por un vehículo igual ou de similar valor á moto asegurada, unha vez aplicada a franquía contratada, cando se produza como consecuencia da subtracción ilexítima

  • Con esta garantía protexerás a túa moto ante un incendio, cubrindo a reparación ou reposición das partes danadas accidentalmente por incendio, caída do raio e explosión, tanto en circulación como en repouso ou durante o seu transporte. Todo isto aplicándose a franquía escollida.