Coberturas opcionais

  • A garantía de accidentes do condutor amplíase ao tomador do seguro como condutor doutro turismo

  • Protexe o teu can, gato ou paxaro ante calquera accidente. Con esta garantía cubrimos os gastos veterinarios ata 5.000 € para a recuperación das lesións producidas por un accidente no teu vehículo
     

  • Terás remolque ilimitado, así como asistencia en caso de picada, falta de aire nas rodas ou falta de combustible entre outras coberturas.

  • Cóbreche os danos materiais que sufra o teu vehículo, os seus accesorios e opcións, a reposición destes, cando estes se causasen de maneira directa por: pedrazo, vento, neve, chuvia, caída de raio, corrementos e afundimentos de terra, inundacións, desprendementos de pedras, aludes, avenidas de auga e outros fenómenos da natureza, así como as súas consecuencias, tales como a caída de árbores, postes de liñas eléctricas ou doutros servizos, obxectos desprendidos de edificios e outros similares.

  • Se queres que o prezo da túa póliza sexa máis económico, podes incluír unha franquía do 30% da contía do sinistro cun mínimo de 100 euros.  

  • Quedan cubertos os danos sufridos polo vehículo asegurado a causa de colisión por atropelo a especies cinexéticas e animais de explotación gandeira ou de granxa

  • Proporcionaremos un vehículo de substitución en caso de:

    • Danos inmobilizantes do vehículo asegurado por accidente a causa dun sinistro cuberto pola póliza.
    • Roubo total do vehículo asegurado.

  • Dálle a mellor protección ao teu vehículo eléctrico ou híbrido enchufable. Inclúe no teu seguro:


    · Roubo do cable de carga, sen necesidade de declaralo como accesorio
    · Danos por intento de roubo ou roubo total da estación de carga, ata un límite de 250 €
    · Asistencia en viaxe en caso de falta de batería

  • Se tes un monovolume, protexe ao máximo a túa familia con este pack de garantías, que inclúe o vehículo de substitución, cobertura de accesorios ata 3.000 € e a ampliación de accidentes persoais. 

  • En caso de rozaduras en varios lados do teu coche, e se non superan o importe de 500 €, aplicámosche unha única franquía.

  • Goza dun servizo VIP coas seguintes coberturas:

    • Valor a novo 3 anos 
    • Vehículo de substitución VIP 
    • Repintado do vehículo 
    • Asistencia en viaxe VIP 
    • Fenómenos atmosféricos
    • Recollida e entrega do teu vehículo en caso de accidente e por ITV 
    • Duplicado de chaves 
    • Danos na equipaxe e obxectos persoais