Calcula o teu seguro en liña en menos de 5 minutos
Escolle sen compromiso, 100% en liña.
Solicitaches orzamento anteriormente?
RECUPERAR ORZAMENTOXubilarse por todo o alto.
Os segredos para unha xubilación planificada
Sabemos que máis dunha vez soñaches con eses “anos dourados”: deixar de madrugar, mudarte fóra da cidade, comezar unha horta ou aprender algunha habilidade. Sabías que a túa pensión é a mellor aliada para ter a xubilación que planearas? Contámosche que beneficios ten e como aproveitala ao máximo.
Por que é importante ter unha pensión?

Seguridade financeira
Asegúrache ingresos durante a xubilación, dándoche estabilidade económica e tranquilidade.

Independencia
Unha pensión permíteche ser economicamente independente dos teus familiares ou amigos.

Os teus gastos cubertos
Vivenda, alimento, saúde. Axudarate a cubrir eses gastos esenciais.

Beneficios fiscais
En moitos países, as contribucións a plans de pensións son deducibles de impostos.
Como podo prepararme para a miña xubilación?

Comeza a aforrar hoxe
Comeza a aforrar cedo para que os teus cartos teñan máis tempo para medrar. Un plan de pensións que invista en activos financeiros segundo o teu perfil de risco e horizonte temporal ata a xubilación é unha boa opción.

Contribúe regularmente
Achegar constantemente é clave para o teu plan de pensións. Mesmo pequenas cantidades poden acumularse significativamente co tempo.

Protexe os teus aforros
Pór tódolos teus aforros nun só tipo de investimento é arriscado. Diversificar reduce o risco e pode aumentar os teus rendementos ao longo prazo.

Consulta e infórmate
Un axente financeiro pode axudarte a elaborar unha estratexia de aforro e investimento para acadar as túas metas, axustada á túa situación financeira.

Non perdas de vista a túa pensión
Avalía regularmente o teu plan de pensións e axústao segundo os teus ingresos, gastos e obxectivos financeiros.
Maximiza os beneficios da túa pensión

Se queres coñecer máis información, déixanos os teus datos e ofrecerémosche unha información personalizada
Solicitar informaciónEste contido non está dispoñible no teu idioma
Sentímolo, verás este contido en castelán










