Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Como protexer o teu negocio
en tempos de crise
Xa sexa unha recesión económica, unha pandemia ou cambios políticos, unha crise pode aparecer cando menos o esperamos. Estes intres complicados cóllennos por sorpresa e poñen a proba a resistencia do noso negocio. Porén, coas estratexias axeitadas, podes minimizar o impacto e resistir.
Que crise pode afectarte?
Existen distintos tipos de crises, coñéceos para afrontalos mellor.

Económicas
Recesións ou flutuacións de mercado.

Sanitarias
Pandemias ou problemas de saúde pública.

Políticas
Cambios regulatorios ou conflitos.

Sociais
Cambios nas preferencias dos consumidores.

Naturais
Desastres que interrompen as operacións.
Como saber se o teu negocio está preparado?
Antes de enfrontarte a calquera crise, é importante facer un chequeo da saúde do teu negocio. Deixámosche aquí algúns puntos clave para saber se está listo:
-
Revisa as túas finanzas
Tes un colchón de aforro para emerxencias? Se non, pensa en como poderías crealo, xa sexa reducindo gastos ou buscando opcións de financiamento.
-
Avalía os teus procesos
Como de sinxelo sería axustar as túas operacións se algo cambia? Ter procesos flexibles axudarate a reaccionar máis rápido.
-
Capacita o teu equipo
O teu persoal é clave nos momentos difíciles. Asegúrate de que saiba como actuar ante problemas ou interrupcións.
-
Fortalece a túa presenza dixital
O teu negocio está listo para mudarse ao mundo en liña? En caso de que sexa preciso, equípate coas ferramentas necesarias para operar de maneira virtual.
-
Ten un plan de comunicación
En momentos de incerteza, é esencial falar claro cos teus equipos e clientes. Dar respostas rápidas é clave para evitar problemas innecesarios.
5 claves para detectar problemas a tempo
Antes de converterse en algo grande, os problemas adoitan dar sinais. Evita os sobresaltos con estes pasos:
Ideas para reducir gastos innecesarios sen afectar a calidade
En tempos de crise, cada céntimo conta. Pero aforrar non significa reducir a calidade. Aquí tes algunhas ideas para optimizar os teus recursos:

IDEA PARA REDUCIR GASTOS
Dixitaliza todo o que poidas
É máis eficiente e económico.

IDEA PARA REDUCIR GASTOS
Fala cos teus provedores
Negocia mellores prezos ou condicións.

IDEA PARA REDUCIR GASTOS
Organiza mellor o teu equipo
Optimiza a súa eficiencia.
Xestiona a crise
Cando a crise xa está aquí, a clave está en como a manexas. Mantela baixo control é clave para protexer o teu negocio.
-
Fala claro e sen rodeos
Informa o teu equipo e clientes sobre o que está a pasar e as medidas que estás a tomar. A honestidade xera confianza.
-
Sigue un plan
Ter unha estratexia para afrontar a crise axudarate a non improvisar. Revisa e axusta este plan conforme a situación cambie.
-
Busca aliados
Podes colaborar con outros negocios para compartir recursos ou ideas? O apoio mutuo é unha grande axuda en intres difíciles.
-
Aprende da experiencia
Unha vez que superes a crise, analiza o que funcionou e o que non. Isto axudarate a prepararte mellor para o futuro.

Se queres coñecer máis información, déixanos os teus datos e ofrecerémosche unha información personalizada
Solicitar información