Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
- Empresas
- Seguros PEME
- Responsabilidade civil de startup
- Coberturas incluidas responsabilidad civil startup
Coberturas incluídas
-
Que cobre?
As reclamacións de terceiros en caso de incumprimento involuntario da Lei de Protección de Datos ata un importe 100.000 € ou 200.000 € á túa elección.
Por que o precisas?
Porque poderías ter que facer fronte a importantes sancións impostas pola Axencia de protección de datos.
Caso real:
Por un descoido, a base de datos dos teus clientes queda aberta e un compañeiro do viveiro empresarial emprégaa para outra finalidade sen darse de conta do perigo, un dos clientes reclama ante a Axencia de Protección de datos e podes ter que facer fronte a importantes sancións.
-
Que cobre?
En caso de recibir unha multa polo incumprimento involuntario da Lei de Protección de Datos, AXA indemnízate por esta primeira sanción, cun importe de ata 60.000 €
Por que o precisas?
Porque facer fronte a unha multa así podería supor a paralización do teu proxecto empresarial.
Caso real:
A Andrés impuxéronlle unha multa por non ter debidamente protexida a súa base de datos de clientes, tivo que facer fronte a unha sanción de 6.000 €.
-
Que cobre a RC xeral? As reclamacións por danos causados a un terceiro acaecidos ao desenvolver a túa actividade, como por erros ou fallos nos produtos que comercializas, ata un límite de 100.000 ou 200.000 € a escoller.
-
Que cobre a RC produto? As reclamacións por danos causados a un terceiro, por erro ou defecto nun dos produtos ou servizos que comercializas. AXA indemnízate cun límite de ata 100.000 ou 200.000 € a escoller.
-
Que cobre a RC profesional?
Os clientes pagan polo asesoramento e servizos que a súa empresa ofrece, poden levarte a xuízo ou esixir unha indemnización en caso de mal asesoramento, AXA indemnízate con ata 25.000 € por este motivo.
Por que o precisas?
Porque calquera neglixencia ou mal asesoramento pode causarlle un dano a un cliente e este pode reclamar, e pode que teñas que facer fronte a importantes indemnizacións que poden paralizar a túa empresa.
Caso real:
María está a desenvolver uns novos aparellos para xordos e, por un erro no dispositivo, cáusaselle un dano irreparable a unha das persoas coas que proba o produto e ten que facer fronte a 30.000 € de indemnización.
-
Que cobre?
Cubrimos as reclamacións que che poidan chegar en caso de que, aínda tendo os programas de prevención de antivirus actualizados, danes cun virus un programa informático dun terceiro; en AXA indemnizámoste con ata 6.000 €.
Por que o precisas?
Porque aínda tendo os mellores antivirus sempre pode existir algún non detectado e podes causar danos aos equipos dun terceiro, e que estes danos sexan irreparables.
Caso real:
Héctor creou unha aplicación informática para unha empresa que vende a través de Internet, ao instalala nos equipos informáticos do seu cliente causa un bloqueo na súa rede que lle impide vender en Internet durante un día.












