Coberturas incluídas

  • Inclúe a Responsabilidade Civil Obrigatoria, que cobre as indemnizacións que deba facer fronte o condutor do vehículo asegurado polos danos causados ás persoas ou bens dun terceiro, derivado dun feito da circulación da que resulte civilmente responsable.

  • Cobre a defensa penal do asegurado como condutor do vehículo e de calquera condutor autorizado por aquel en caso de accidente de circulación, nos procedementos penais seguidos contra el por faltas ou delitos.

  • Se, a causa dun accidente, o condutor do vehículo falece ou sofre unha invalidez permanente, indemnizaremos o propio condutor ou os seus beneficiarios con 15.000 € (ampliable a 30.000 € ou 50.000 €).

    Ademais, farémonos cargo dos gastos sanitarios derivados dos danos que poida sufrir o condutor do vehículo nun accidente, cun límite de 6.000 € en centros non concertados (este límite aumenta a 3.000.000 € en centros concertados)

  • Cobre a asistencia na estrada, dende o km 0 e con cobertura en todo o territorio español e Principado de Andorra.

  • Protexe os vidros do teu coche. Con esta garantía cobres a reposición ou reparación cando se produza a rotura accidental do parabrisas, vidros laterais, vidro posterior e do teito solar se está instalado de serie ou declarado como accesorio.

  • Con esta garantía protexeraste ante un incendio, cubrindo a reparación ou reposición de partes danadas accidentalmente por incendio, caída de raio e explosión, tanto en circulación como en repouso ou durante o seu transporte. 

  • Con esta garantía cubrirás a indemnización por roubo total do vehículo ou por subtracción parcial das partes fixas deste, cando se produza como consecuencia da subtracción ilexítima ou tentativa. Tamén cubrirás a reparación ou reposición das partes danadas no vehículo asegurado e os seus elementos fixos, a consecuencia de roubo ou tentativa.

  • Se o teu coche sofre danos materiais, facémonos cargo da reparación, substitución ou indemnizámoste se a perda é total e o teu coche resulta irreparable (a cantidade depende da antigüidade do coche).
    Neste caso, non importa se os danos son por un accidente con outro coche implicado ou sen el, ou se os causa outro condutor do que non coñecemos a súa identidade, cubririámosche os danos materiais do coche asegurado