Coberturas opcionais

  • Viaxa coa tranquilidade de saber que, ante calquera contratempo, contas cun servizo de asistencia na estrada especializado en vehículos industriais.

  • En caso de accidente, con esta garantía contarás coa asistencia sanitaria para a túa recuperación e cunha axuda, ata o capital contratado, en caso de invalidez. Tamén protexerás a túa familia en caso de falecemento.

  • Cubrimos o roubo e a tentativa de roubo así como os danos que se ocasionen.

  • Indemnización en caso de perda total ou danos causados por incendio.

  • En caso de accidente, garante a reparación dos danos do teu camión.

  • Reparámosche ou substituímosche os vidros en caso de rotura.

  • Se adoitas circular pola montaña, o campo ou preto de coutos de caza, protexe o teu vehículo ante calquera imprevisto cun animal cinexético.

  • Inclúe a perda total por choque ou caída de raio e, durante o primeiro ano, terás o 100% do valor a novo.