Un grupo de personas trabajando cada uno con su ordenador en una oficina

GLOSARIO

Modelo 303

O modelo 303 é a declaración periódica do imposto sobre o valor engadido (IVE) que deben presentar autónomos e empresas en España para informar a Axencia Tributaria sobre o IVE xerado e soportado, e así determínase o importe a ingresar, compensar ou solicitar en devolución. 

O modelo 303 é o documento oficial empregado para declarar o IVE repercutido (cobrado aos clientes) e soportado (pagado en compras e gastos) durante un período determinado. O seu obxectivo é calcular a diferenza entre ámbolos dous e determinar a situación fiscal do contribuínte fronte á Axencia Tributaria. 

O cálculo realízase do seguinte modo: 

  1. Súmanse tódalas facturas emitidas con IVE (IVE repercutido), aplicando os diferentes tipos vixentes en España (xeral do 21%, reducido do 10% e superreducido do 4%). 
  2. Súmanse tódalas facturas recibidas con IVE pagado en compras e gastos (IVA soportado deducible). 
  3. Réstaselle o IVE soportado ao IVE repercutido:  
     
    • Se o resultado é positivo, débeselle ingresar a cantidade a Facenda. 
    • Se o resultado é negativo, pódese compensar en períodos seguintes ou solicitar a devolución na última declaración do ano. 

O modelo 303 deben presentalo obrigatoriamente:

  • Autónomos e empresas que realicen actividades suxeitas a IVE.
  • Profesionais e empresarios que emitan facturas con IVE (agás casos de exención).
  • Entidades sen ánimo de lucro e outras organizacións que realicen actividades económicas suxeitas a IVE.
  • Contribuíntes inscritos no Rexistro de devolución mensual do IVE (REDEME).
  • Empresas que realicen adquisicións intracomunitarias de bens ou servizos.

 

A periodicidade de presentación varía segundo o tipo de contribuínte:

  • Presentación trimestral (réxime xeral): a maioría de contribuíntes presentan o modelo con esta periodicidade, dentro dos seguintes prazos:
     
    • Primeiro trimestre (xaneiro-marzo): 1-20 de abril.
    • Segundo trimestre (abril-xuño): 1-20 de xullo.
    • Terceiro trimestre (xullo-setembro): 1-20 de outubro.
    • Cuarto trimestre (outubro-decembro): 1-30 de xaneiro.
  • Presentación mensual: obrigatoria para empresas inscritas no REDEME ou cunha facturación superior aos 6 millóns de euros anuais. Nestes casos, o prazo é do 1 ao 30 do mes seguinte ao período declarado (agás o período de decembro, cuxa presentación finaliza o 30 de xaneiro).

É importante salientar que é obrigatorio presentar o modelo 303 mesmo se non se tivo actividade no período correspondente, en cuxo caso debe presentarse a declaración con resultado "sen actividade". A non presentación ou a presentación fóra de prazo pode supoñer sancións económicas que van dende recargas por presentación extemporánea (se non media requirimento) ata multas fixas ou proporcionais segundo a gravidade da infracción.

A presentación realízase telematicamente a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, mediante certificado electrónico, Cl@ve PIN ou número de referencia. Este modelo adaptouse en diversas ocasións para cumprir coas normativas europeas e para facilitar a loita contra a fraude fiscal.

chica con ordenador

Se queres coñecer máis información, déixanos os teus datos e ofrecerémosche unha información personalizada

Solicitar información

Estos materiales tienen carácter meramente informativo y tienen por objeto ayudar a los lectores a conocer mejor los conceptos financieros y la gestión de finanzas. Estos materiales no son un asesoramiento en materia de inversiones ni constituyen una oferta o invitación a comprar o vende. El contenido se basa en fuentes de información consideradas fiables en el momento de su redacción. La información que se presenta puede cambiar sin previo aviso. AXA no presenta garantía o manifestación explícita o implícita alguna en relación con la veracidad, idoneidad o integridad de la información presentada.