Punto azul

Diversifica o teu negocio

Máis información

Que é un Punto azul?

Un Punto azul é, basicamente, unha empresa que colabora connosco. Como parte da súa actividade comercial, ofrécelles aos seus clientes solucións aseguradoras de AXA e así diversifica a fonte de ingresos do seu negocio. Ademais, pode ofrecer un servizo máis completo, da man da compañía número un no sector.

Quen pode ser un Punto azul?

Xestorías, asesorías, inmobiliarias, despachos de avogados, talleres e concesionarios... Todas aquelas actividades profesionais con propietarios que desexen achegarlles aos seus clientes un valor engadido e unha información integral, no que a oferta de AXA sexa un complemento de servizo e calidade.

Un equipo para axudarte

Poñemos á túa disposición especialistas comerciais expertos e un equipo de atención integral que te informarán en todo o relativo á xestión administrativa e comercial da túa actividade aseguradora, para axudarte a impulsar o teu negocio.

Todo á túa disposición

  • Tódolos ramos e produtos aseguradores e de investimento do mercado
  • Web de distribución personalizada
  • Campañas comerciais e de marketing exclusivas
  • Oportunidade de formarte no ramo dos seguros
  • Un atractivo plan económico: comisións por vendas, incentivos, rappels, premios, etc.