Opensurance

A simbiose perfecta entre os nosos recursos e a túa startup

Pez opensurance

Para construír os seguros do futuro en AXA colaboramos co ecosistema emprendedor a través de AXA Opensurance. Se a túa STARTUP está relacionada con:

Novos modelos de MOBILIDADE
Novas formas de TRABALLO
FINTECH
☂ INSURTECH

Escríbenos un email a opensurance@axa.es ou mediante este formulario ... E protexamos xuntos o futuro!

Tamén podes seguirnos en Twitter ou descargar en PDF o noso Programa AXA Emprendedores

AXA Opensurance é unha plataforma que permite innovar, principalmente, en solucións orientadas á venda, colaborando, de maneira aberta, co ecosistema emprendedor en xeral e as startups en particular. Esta colaboración aberta permítenos, tamén, ser capaces de establecer acordos de distribución innovadores.

Un dos nosos obxectivos principais é a creación dun ecosistema, dunha comunidade que sexa capaz de potenciar o efecto que teñen as colaboracións que levamos a cabo con todo tipo de actores que aposten por novos modelos de negocio: emprendedores, startups, mediadores, axentes, corredores, brokers, unidades de innovación de corporacións, hubs de emprendemento, etc. Sabemos que o talento emprendedor é infinito e queremos explorar calquera posibilidade de colaborar de forma aberta.

Se hai algo que nos motiva, especialmente, é a posibilidade de transformar a nosa profesión aseguradora, de ofrecer servizos de protección moito máis amplos, e mesmo, de adiantarnos ao intre do sinistro, e evitar as súas consecuencias, en definitiva, de axudar ás persoas a vivir unha vida mellor, unha estratexia á que denominamos “FROM PAYER TO PARTNER”

Quen somos

En AXA Opensurance temos claro que antes da tecnoloxía están as persoas, entendemos a innovación aberta como a busca permanente de conexións entre talento.

Dende AXA Opensurance pomos á disposición dos emprendedores a colaboración dunha extensa rede de profesionais en diferentes materias como tecnoloxía, márketing, comunicación, asesoramento xurídico, áreas técnicas aseguradoras…

A nosa rede de consultores AXA, composta por correspondentes e axentes AXA, orientados ás STARTUPS e ás INSURTECH, está por toda España para estar preto de ti e escoitarte. Cóntanos en que consiste o teu negocio e as túas necesidades, e así poderemos ofrecerche as mellores solucións aseguradoras para que a túa STARTUP se dedique a medrar sen medo.

Como podemos colaborar

En AXA cremos en ti, escoitámoste e apoiámoste para que o teu negocio teña éxito, facilitándoche todo o que temos na nosa mano para cada unha das etapas de desenvolvemento da túa STARTUP