Marian Rojas-Estapé

Psiquiatra

Experiencia profesional e outros cumprimentos

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, Marian Rojas-Estapé traballa actualmente no instituto que leva o seu nome, dedicado, principalmente, a problemas de ansiedade, depresión, trastornos de personalidade, de conduta ou somáticos.

Autora de varios libros, Rojas-Estapé imparte dende 2007 conferencias por todo o mundo. Colaborou coa Fundación AFESIP en Camboxa, onde traballou na prevención do tráfico sexual no Sueste Asiático, e realizou terapias con vítimas de violación e prostitución.

No 2018 comezou a desenvolver o proxecto Ilussio, sobre emocións, motivación e a felicidade no ámbito empresarial. 

Dende o ano pasado colabora como embaixadora de Manos Unidas apoiando varios proxectos relacionados coa trata de nenos.