Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
- AXA Corporativo
- Sobre AXA
- Sobre AXA
- Crece con AXA
- Hackathon - AXA Seguros
Hackathon: SOLD OUT!
Moitas grazas polo teu interese, esperámosche en futuras edicións.<br><span>#InnovAXA en colaboración con <img src="/documents/776357/33497996/codemotion2.png" style="max-width: 200px"></span>
Cal será o reto?
Este hackathon será o espazo ideal para traballar en equipo, mostrar o teu talento e desenvolver ideas innovadoras que transformen a relación entre AXA e os seus clientes. Contarás co apoio de expertos e mentores para levar a túa proposta ao seguinte nivel. Enfocarémonos en catro áreas clave onde o teu talento pode marcar a diferenza:

Coñece os clientes
Como poderíamos empregar a IA para entender mellor as persoas? Imaxina personalizar experiencias, anticiparte ás súas necesidades e crear ofertas que realmente os sorprendan.

Atención ao cliente
Podes facer que a experiencia do cliente sexa máis rápida, fluída e personalizada? Dende chatbots que parezan humanos ata sistemas omnicanal, é hora de redefinir a atención ao cliente!

Avaliación de riscos
Que tal se puidésemos prever problemas antes de que acontezan? Iso non é maxia, é tecnoloxía. Constrúe ferramentas que faciliten a avaliación e diminución dos riscos.

Eficiencia e sostibilidade
A sostibilidade xa non é opcional. Como podemos optimizar procesos, automatizar fluxos de traballo e reducir o impacto ambiental a través de solucións de software máis eficientes?
E os premios?
O teu talento merece un recoñecemento! Aquí tes os incribles premios que preparou AXA para os equipos gañadores. Non perdas a oportunidade de gañar mentres innovas e transformas o futuro do sector asegurador!

Primeiro premio
- Viaxe para dúas persoas a unha cidade europea: inclúe ida e volta dende Madrid, dúas noites de aloxamento con almorzo (premio por participante, válido por dous anos).
- Pase de oro ao Tech Graduate Program de AXA.
- Entrada para a conferencia Codemotion.

Segundo premio
- Smartwatch.
- Pase de oro ao Tech Graduate Program de AXA.
- Entrada para a conferencia Codemotion.

Terceiro premio
- Auriculares de alta gama.
- Pase de oro ao Tech Graduate Program de AXA.
- Entrada para a conferencia Codemotion.
Axenda
Prepárate para un día de cheo de creatividade, innovación e aprendizaxe!

Pola mañá
09:00 - 09:30: Chegada dos asistentes e acreditacións.
09:30 - 09:45: Benvida aos participantes e apertura do hackathon con Carolina de Oro (CTO de AXA España).
09:45 - 10:15: Dinámica de creación e formación de equipos.
10:15 - 14:00: Inicio do tempo de desenvolvemento: mans á obra!
14:00 - 15:00: Parada para comer e recargar enerxías.

Pola tarde
15:00 - 18:30: Continúa o tempo de desenvolvemento: últimas horas para perfeccionar a túa solución.
18:30 - 18:45: Entrega do material por parte dos participantes.
18:45 - 20:00: Inicio das presentacións dos proxectos ante o xurado.
20:00 - 20:30: Deliberación do xurado: momento de tensión e emoción.
20:30 - 21:00: Entrega de premios e despedida do hackathon.
Estamos aquí para resolver calquera dúbida
-
Si, o evento é gratuíto.
-
Unha vez enviado o formulario de inscrición cuberto recibirás un correo confirmando a túa participación.
-
Claro que si. Apúntate xa, aqueles que ides sen equipo ides formalo ao inicio do hackathon. O número máximo de participantes por equipo é de 5.
-
Si, precisades levar aquilo (portátil, tablet...) co que vaiades desenvolver os vosos proxectos. Non esquezas traer o cargador.
-
Un xurado imparcial escollerá os equipos gañadores, tendo en conta diferentes criterios: orixinalidade da idea, calidade da presentación, viabilidade do proxecto, deseño e usabilidade e grao de finalización do proxecto.
-
O hackathon estará limitado a 50 participantes. Se te apuntas e xa está cuberta a cota de participantes, quedarás nunha listaxe de espera por se algún participante decide non ir ao final.
-
Se ao final non podes asistir ao evento, axudaríanos moito coa organización que nolo fixeras saber anulando a túa inscrición. Para isto podes enviar un email a hackathonaxa@codemotion.it
-
Cada grupo participante será titular exclusivo de tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial vinculados cos seus respectivos proxectos.
-
Podes contactar connosco en hackathonaxa@codemotion.it
-
É un programa de desenvolvemento deseñado para desafiarte e apoiarte no teu crecemento profesional e persoal a través de distintas misións. A duración do programa é de 2 anos e consta de 4 misións, cada unha de 6 meses de duración. Ofrécense tres misións na área de Tecnoloxía e unha misión noutra área da empresa. A través delas, coñecerás diferentes tecnoloxías e linguaxes de programación, e adquirirás unha visión transversal da área de Tecnoloxía.
Estes documentos poden ser unha grande axuda
- Bases legais Hackathon Descargar PDF (140KB)
- Cesión de dereitos Hackathon Descargar PDF (122KB)
















