Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
NORMAS DE USO DAS REDES SOCIAIS
Antes de publicar o primeiro comentario, coidamos conveniente compartir algunhas normas contigo.
Ademais, dado que as nosas canles están aloxadas en servidores alleos a AXA, recomendarche que te informes das normas propias da rede social que en AXA cumpriremos e agardamos que ti tamén.
Normas de: Facebook, Twitter, Youtube, TikTok, Flickr e LinkedIn
Declaración
Esta declaración de exoneración de responsabilidade está relacionada co perfil corporativo oficial do Grupo AXA nas redes (en diante, o perfil de AXA).
Para comezar, o contido dispoñible no perfil do Grupo AXA (en diante, AXA) ten como obxecto difundir información gratuitamente en beneficio do público.
AXA non garante a veracidade, fiabilidade, vixencia ou integridade do material do contido de terceiros que contén o seu perfil oficial ou calquera sitio enlazado.
AXA recoméndalles aos usuarios que exerciten as súas propias aptitudes e actúen con cautela, sentido común e sensatez ao utilizar o perfil de AXA e que avalíen minuciosamente a veracidade, vixencia, integridade e pertinencia do material do sitio web para os seus fins. O termo "usuario" incluirá os lectores do perfil de AXA .
O material do perfil de AXA é un mero resumo do asunto tratado e non se pretende que sexa nin deberá considerarse un substitutivo do asesoramento profesional. Os usuarios deberán recadar asesoramento profesional apropiado en relación coas súas circunstancias concretas.
O material do perfil de AXA pode incluír opinións ou recomendacións de terceiros, que non reflicten necesariamente as opinións de AXA nin indican o seu compromiso cunha determinada liña de actuación.
Enlaces
Os perfís de AXA poden conter enlaces a outros sitios web que son alleos a AXA. AXA toma as debidas precaucións ao efectuar enlaces a sitios web pero non exerce control directo sobre o contido dos sitios web enlazados nin sobre os cambios que se poden producir no contido deses sitios. É responsabilidade do usuario tomar as súas propias decisións en canto á veracidade, vixencia e fiabilidade da información contida nos sitios web externos enlazados.
Os enlaces a sitios web externos non constitúen unha validación ou unha recomendación do material deses sitios ou dos produtos ou servizos de terceiros ofrecidos por, dende ou mediante eses sitios.
Os usuarios dos enlaces proporcionados polos perfís de AXA son responsables de constatar qué organización se encarga de aloxar o sitio web que visitan.
En termos máis xerais, os contidos, opinións ou respostas a preguntas publicados, expresados ou enviados polos creadores, patrocinadores, anunciantes ou usuarios do perfil de AXA, distintos do contido proporcionado por AXA, son opinións e responsabilidade exclusivas da persoa que os envía e non reflicten necesariamente as opinións de AXA. AXA non é responsable do contido que publiquen, colguen, distribúan, difundan ou transmitan terceiros mediante o perfil oficial de AXA.
Ocasionalmente o perfil de AXA pode deixar de estar dispoñible e AXA non asume ningunha responsabilidade pola falta de servizo debida á inactividade.
Aínda que AXA fará o posible por manter a vixencia e veracidade da información publicada mediante os perfís de AXA, AXA non garante a veracidade, integridade ou utilidade da información dispoñible na súa páxina.
AXA, as súas filiais, persoal, axentes e contratistas non asumen en ningún modo ningunha responsabilidade en canto á vixencia, veracidade ou integridade do material publicado nos seus perfís e declinan toda responsabilidade polas perdas ou danos que poidan derivarse do uso da información proporcionada por esta vía.
Os usuarios deberían verificar a veracidade e vixencia da información antes de adoptar calquera medida. Toda decisión que os usuarios tomen baseándose na devandita información correrá estritamente pola súa conta e risco.
AXA pode incluír enlaces ou referencias a outras páxinas ou sitios web como parte das súas mensaxes, pero estes enlaces no son unha validación do seu contido. En termos máis xerais, AXA non é responsable do contido dos sitios web non operados por AXA.
Polo tanto, AXA:
- non ten control sobre nin garante a veracidade, pertinencia, puntualidade ou integridade da información contida nun sitio web enlazado e, por conseguinte, non se lle poderá esixir responsabilidade sobre estas;
- non valida, apoia ou amosa a súa conformidade coas organizacións que patrocinan os sitios web enlazados nin as opinións que expresan nin os produtos ou servizos que ofrecen;
- non pode autorizar nin autoriza o uso do material protexido por dereitos de autor que conteñan os sitios web enlazados: os usuarios deberán solicitarlle a correspondente autorización ao patrocinador do sitio web enlazado.
Privacidade
Lembráselles aos usuarios que os perfís de redes sociais de AXA constitúen un espazo público en Internet e que as interaccións co tempo pasan a ser accesibles ao público para os efectos de buscas e consultas.
Facebook, Twitter, Instagram e Linkedin proporcionan as súas propias declaracións de exoneración de responsabilidade e políticas de privacidade sobre a recompilación e uso da información dos visitantes, e transferencias internacionais de datos, sobre os que AXA carece de control.
AXA anima os usuarios a familiarizarse coas condicións de uso das devanditas redes antes de comezar a usalas. Para máis información podes consultar a política de privacidade das principais redes sociais en calquera intre a través dos seguintes enlaces:
- Facebook: https://www.facebook.com/privacy/center/
- Instagram: https://privacycenter.instagram.com/
- Twitter: https://twitter.com/es/privacy#twitter-privacy-3.1
- TikTok: https://www.tiktok.com/legal/page/eea/privacy-policy/es
- Linkedin: https://es.linkedin.com/legal/privacy-policy
Contestacións
AXA non responderá individualmente aos comentarios e mensaxes recibidos mediante o seu perfil.
Así mesmo, se un usuario segue a AXA, AXA non seguirá automaticamente a este. Para respostas a preguntas ou queixas, consúltese o sitio web corporativo de AXA en www.axa.es onde están dispoñibles as canles de información pertinentes.
Moderación de comentarios
Aínda que AXA non desexa inhibir as conversas nos seus perfís, os usuarios non deben colgar ou publicar comentarios ou enlaces ao perfil de AXA que sexan ilícitos ou poidan difamar, discriminar, ofender ou interferir na privacidade ou vulnerar dereitos de autor ou outros dereitos de propiedade intelectual. AXA resérvase o dereito a moderar os comentarios que, en opinión de AXA, sexan inapropiados.
Condicións de uso
AXA adopta unha postura enérxica en canto á supresión de contido que puidese ser discriminatorio, incitar ao odio ou ser ameazante e ás actuacións que poidan constituír unha ofensa, insulto ou intimidación.
Ao achegar comentarios nos perfís de AXA, deberase velar por que o usuario: protexa a súa privacidade persoal e a dos demais (incluídos os seus clientes) absténdose de incluír información persoal sobre el mesmo ou outros nos seus comentarios (como, por exemplo, nomes, enderezos de correo electrónico, enderezos ou números de teléfono privados);
- non colgue material no perfil de AXA que garde relación coas cuestións sobre as que se está a consultar;
- manifeste as súas propias opinións e non suplante ou represente falsamente a outra persoa;
- non insulte, acose ou ameace outras persoas;
- non faga comentarios difamatorios ou calumniosos;
- non utilice linguaxe insultante, provocadora ou que incite ao odio;
- non utilice linguaxe obscena e ofensiva;
- non publique material no foro que vulnere os dereitos de propiedade intelectual doutros;
- non publique múltiples versións da mesma opinión no foro;
- non incite, anime ou faga referencia a condutas que poidan constituír un delito penal ou civil ou que contraveñan leis nacionais;
- non promova intereses comerciais nas publicacións que faga no perfil de AXA ;
- non publique comentarios que promovan intereses profesionais persoais;
- non inclúa enderezos de Internet, vídeos, imaxes ou enderezos de correo electrónico na súa achega.
- Non publique ningunha cousa que:
- insulte a outros dende o punto de vista racial ou relixioso;
- incite, induza ou contribúa á violencia, á discriminación, ao acoso ou trato inxusto doutros ou ao odio cara a outros, ou;
- sexa probable que resulte ofensiva, insultante ou humillante para outros, especialmente por razón da súa raza, color, ascendencia, nacionalidade, relixión, orixe étnica, sexo, idade, orientación sexual ou discapacidade.
Política de moderación
AXA agarda que os usuarios se traten con respecto uns a outros. AXA eliminará os comentarios publicados que conteñan linguaxe vulgar ou groseira, pornografía, ataques persoais de calquera tipo ou termos ofensivos dirixidos a grupos étnicos ou raciais específicos ou que inciten á violencia.
AXA eliminará os comentarios que constitúan correo lixo, que non garden ningunha relación co asunto tratado (“off topic”) ou que promovan servizos ou produtos. Os comentarios nos que se fagan acusacións inxustificadas tamén se excluirán do debate.
AXA non se compromete a informar os usuarios de cando os seus comentarios e publicacións son obxecto de moderación; porén, AXA advertirá e tomará as medidas oportunas para suspender e expulsar os usuarios que envíen contido inapropiado de xeito periódico e sistemático. Aos reincidentes poderáselles impedir o uso do perfil de AXA con carácter indefinido.
Prohíbese o uso de linguaxe vulgar, ofensiva, ameazante ou acosadora. Os perfís de AXA non están abertos á promoción ou anuncio dunha operación empresarial ou comercial;
Esta política de moderación está suxeita a modificacións en calquera intre para garantir que o seu uso continuado é acorde co seu fin previsto.
Delitos na rede
AXA fará un seguimento e eliminará coa maior celeridade posible calquera actividade na rede anómala que pareza constituír unha ameaza ou un delito como phishing (correos fraudulentos con fins delituosos) ou hacking (pirataría informática).
Información legal importante e advertencias sobre declaracións prospectivas
Determinada información recollida nos perfís de AXA pode conter declaracións prospectivas, incluídas, a título meramente enunciativo pero non limitativo, as declaracións que son predicións ou indicativas de futuros acontecementos, tendencias, plans ou obxectivos. Non é recomendable aterse excesivamente a estas declaracións xa que, pola súa natureza, están suxeitas a incertezas e riscos coñecidos e descoñecidos. AXA non asume ningunha obriga de comunicar publicamente as actualizacións ou revisións destas declaracións prospectivas, xa sexa para reflectir nova información ou futuros acontecementos ou circunstancias ou para outros fins.
Botóns para compartir e marcadores sociais
AXA utiliza botóns para compartir e marcadores sociais en varios dos seus sitios web. Estes botóns permítenlles aos visitantes compartir facilmente o contido dos sitios web de AXA.